FalaRedes e Galeatro levan a Muros e Ribeira a función que reivindica un bo uso das redes: Wombo Combo

26 Setembro 2024

O programa de dinamización do galego FalaRedes, impulsado pola Secretaría Xeral da Lingua que dirixe Valentín García, chega ao tempo do outono cunha pequena xira do espectáculo teatral Wombo Combo da compañía Galeatro, xira que fará parada en Muros (o 5 de outubro), Ribeira (o 20 de outubro), Mos (o 9 de novembro) Viveiro (o día 10 de novembro) e Foz (o día 15 novembro)..

Esta obra escrita por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023, está dirixida á mocidade e ao público xeral a partir de 8 anos. Constitúe unha incisiva reflexión sobre as vidas virtuais, a adición ás tecnoloxías e a soidade na adolescencia e grazas elas podemos “contemplar como o bo ou mal uso das redes sociais, presentes na nosa vida cotiá, pode levarnos a un desenvolvemento persoal óptimo ou á frustración e ao illamento”. Tamén pon o foco en como os escenarios dixitais van gañando terreo nas nosas vidas en detrimento do presencial.

Calendario

05/10/2024. Muros. 19:00 h. Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil. 

20/10/2024. Ribeira. 20:00 h. Auditorio municipal. 

09/11/2024. Mos. 19:00 h. Centro Cultural de Torroso.

10/11/2024. Viveiro. 18:00 h. Teatro Pastor Díaz. 

15/11/2024. Foz. 18:30 h. Salón de Actos da Casa da Cultura. 

Máis sobre Wombo Combo

A función é unha peza para público infantil, xuvenil e familiar que nos conta a historia de Sara, unha rapaza que é vítima de acoso escolar, e da súa relación coa realidade virtual e das novas tecnoloxías. Sara, máis polo miúdo, non ten amigas nin amigos nin é brillante nos estudos. Para evadirse da crúa realidade xoga en liña con ducias de persoas e é imbatíbel nas loitas. Chegado un punto, descobre que pasa máis tempo na vida virtual ca na real.

Equipo artístico

Intérpretes: Alba Bermúdez, Mario Rodrígez, Tone Martínez

Espazo escénico e vestiario: Anahí Taraburelli e Yanina Torres

Espazo sonoro e músicas: Davide González e Martín Rodríguez

Deseño Iluminación: Nacho Martín

Deseño Imaxe: Andrea Ures

Dramaturxia: Paula Carballeira

Dirección: Davide González

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.