Éxito de participación (e repercusión) da andaina solidaria a prol de GaliciaAME, en Porto do Son

30 Setembro 2024

Este domingo 29 de setembro Porto do Son rebordou solidariedade e espírito deportivo, coa celebración da Andaina-Xornada Familiar de GaliciAME, quedada gratuíta de camiñantes de todas as idades que tivo o seu punto de partida na fachada marítima da vila sonense (ás 11.00 horas) e que destacou pola súa accesibilidade (seis quilómetros de percorrido camiñábeis para todas as/os participantes potenciais) e polo seu poder de convocatoria: acudiron 300 persoas contra vento, marea e un ceo ameazando chuvia durante toda a xornada.

Non faltaron á cita a presidenta de GaliciAME, Merchi Álvarez, o pequeno-gran superheroe da asociación, Tiago Oujo, o alcalde do Son, Luis Oujo, o concelleiro de Deportes Carlos Lorenzo, e o músico Javi Maneiro (solista da mítica banda Heredeiros da Crus), padriño da iniciativa xunto coa xornalista Belén Xestal.

A andaina complementouse a partir das 13.30 horas (no Campamento Virxe do Loreto) cun xantar familiar con xogos, inchábeis e sorteos. Os premios (agasallos doados polo comercio local de Porto do Son) foron entregados precisamente polo padriño e a madriña da quedada solidaria.

O recadado na experiencia servirá para apoiar a causa solidaria de GaliciaAME, Asociación Atrofia Muscular Espinal, que contribúe dende hai anos (grazas en boa medida ás doazóns de cidadanía e entidades) á investigación centrada na AME (Atrofia Muscular Espinal), doenza xenética que afecta ás neuronas encargadas do movemento na medula espinal.

A actividade veu da man de GaliciAME e o Concello de Porto do Son.

No transcurso da andaina, GaliciAME outorgou distincións (Linguas de Ouro) ao alcalde sonense, Luis Oujo, ao concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, á técnica de Xuventude, Ana Freire e ao técnico de Deportes, Luis Otero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.