Este venres rematan as Festas da Guadalupe (festivo en Rianxo)

20 Setembro 2024

Este venres 19 de setembro celébrase en Rianxo o colofón final das Festas da Guadalupe 2024: a última xornada festeira (festivo local). Estará adicada á rapazada con actividades infantís durante todo o día. O Concello explica que “como non podería ser de outro xeito, xa ás 2:00 horas do sábado cantaremos xuntos e xuntas a Rianxeira para despedirnos ata o ano que vén”.

Actividades do venres

Este venres 20 será como dixemos o día infantil. Haberá unha xincana inchábel na praza Virxe da Guadalupe, unha festa da escuma na praza de Castelao (ás 13h), unha sesión vermú con mar de Arousa e pola noite unha gran verbena con Mar de Arousa, Saudade e Charleston Big Band. Tamén haberá unha unha verbena infantil nos xardíns da Ribeira (ás 23h) con As Máis Molonas de Pakolas. Ás 2.00 horas será a gran traca final da festa coas bengalas e o canto colectivo de A Rianxeira.

A Feira do 1924 e o Xantar dos maiores

O mércores e o xoves foron xornadas de grandes celebracións. O mércores 18 desenvolveuse a homenaxe aos maiores co Xantar de Confraternidade e o baile (ás 16h) e pola noite houbo verbena con Os Satélites e América de Vigo. O xoves foi o día do Feirón Mariñeiro (A Feira do 1924) nas rúas do centro histórico. O Feirón foi novamente un convite a viaxar no tempo un século cara atrás nunha xornada participativa e aberta na que se reivindicaron os vellos usos de crear, relacionarnos, traballar e comer. A vila engalanouse novamente de época, “como a vila mariñeira que recordan as nosas avoas e avós” e como reflectían as primeiras fotos tomadas na época. Incluíuse como de costume unha feira de artesanía, con mostra de produtos e oficios tradicionais.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.