En Ribeira caída xeneralizada de fibra en varias zonas

19 Setembro 2024

Onte contorna ás 11 da mañá, as redes de fibra de distintos fogares de Ribeira deixaron de funcionar debido a un fallo de BRAS. As empresas provedoras comunícannos que actualmente este problema xa case esta emendado na súa totalidade e que o servizo está case totalmente recuperado e que ao longo do día de
hoxe estará plenamente operativo. Este problema deriva dun fallo técnico e é totalmente alleo ao concello de Ribeira.
O BRAS é un gateway de acceso orientada a aplicacións de rede de banda ancha.
Serve de ponte entre o acceso de banda ancha e as redes troncais, proporcionando métodos básicos de acceso e funcións de xestión para redes de acceso de banda ancha. Adoita funcionar como nodo central nunha rede de provedor de servizos da internet (ISP), permitindo aos usuarios conectarse a unha rede a través de distintos modos de acceso (como DSL, fibra óptica e satélite). Ademais, ofrece unha ampla
gama de funcións, como autenticación, autorización, contabilidade e control do tráfico, para garantir a calidade e seguridade das conexións de rede. O BRAS é unha parte integral das topoloxías de banda ancha para xestionar o acceso dos abonados a Internet. Noutras palabras, é un punto de acceso para os usuarios do servizo a través do cal se conectan a unha rede de banda ancha.
En concreto o fallo de BRAS que se produciu provén da rede Orange que dá servizo a través das súas distintas caixas de fibra aos fogares e negocios de Ribeira, (podendo derivarse este fallo ás compañías que fagan uso da devandita caixa, xa sexan R, Toxo, MásMovil, Lowy, etc), ao non funcionar correctamente esta “ponte” producíase un fallo que non permitía que o servizo permitise autenticar ao cliente e, por tanto, non
funcionase correctamente, actualmente este fallo está a ser emendado e en breve o servizo será restituído na súa totalidade.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.