Elefante Elegante achéganos á realidade das persoas que sofren demencia coa función familiar Kyoki (este venres en Boiro)

16 Setembro 2024

A Casa da Cultura de Boiro vai albergar este venres un novo espectáculo para a rapazada: Kyoki, unha representación teatral de Elefante Elegante con María Torres e Gonçalo Guerreiro para público infantil e familiar. A cita será ás 20.00 horas este 20 de setembro. As entradas estarán dispoñíbeis na billeteira dende unha hora antes do comezo da función.

A función Kyoki é unha peza teatral sen palabras para nenas e nenos de máis de 5 anos que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. Kyoki significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. Baixo este punto de partida, a compañía Elefante Elegante achega unha ollada cómplice, reflexiva e sensíbel sobre o día das persoas que precisan ser coidadas como as propias coidadoras. A familia, as institucións médicas e as institucións sociais están presentes nos tres personaxes interpretados pola actriz protagonista: a avoa, a súa filla e a doutora. A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e na interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.