Ecoloxistas en Acción denuncia á Xunta ante a Fiscalía europea pola vía ciclista entre Milladoiro e Santiago

18 Setembro 2024

A organización Ecoloxistas en Acción denunciou á Xunta ante a Fiscalía da UE polo proxecto e obras do denominado Eixo de Mobilidade Sostible Milladoiro – Santiago, financiado con 7 millóns de euros de fondos europeos Next Xenerations, que consiste nunha vía para bicicletas e peóns entre Milladoiro e a Estación Intermodal de Santiago. A organización cualifica o proxecto de “intervención urbana dura” que inclúe “unha rúa formigonada e pavimentada con beirarrúas e iluminación, de 6 metros de ancho, con noiros (taludes) e escolleras e que discorre polas beiras do rio Sar, o seu bosque de ribeira, o bosque patrimonial do Banquete de Conxo, e mesmo penetra na horta do Convento de Conxo, Ben de Interese Cultural incluído na Declaración de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO”.

Tanto desde a organización ecoloxista como desde a asociación veciñal Conxo Aberto sinalan que “esta actuación ademais dun grave dano ecolóxico e tamén comporta un grave impacto negativo cultural e patrimonial”. Así foi manifestado por Conxo Aberto nos seus escritos de alegacións ante a Consellería de Mobilidade e Infraestruturas, promotora do proxecto, e mesmo en reunións presenciais con responsables e técnicos da Consellería. 

Destacan que, a maiores, “a intervención ten lugar na area dun proxecto anterior igualmente financiado con case 1 millón de euros de fondos europeos Next Generation, o Proxecto Eco-bosque Rio Sar do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Concello de Santiago, que buscaba precisamente a restauración e renaturalización e aumento a biodiversidade das mesmas ribeiras de bosques que o Eixo de Mobilidade pretende agora arrasar co seu viario”.

“A incompatibilidade de ambos proxectos e evidente e notoria e, aparte dos danos indicados supón a dilapidación irregular de fondos europeos en dous proxectos incompatíbeis, no que un anula ou destrúe o desenvolvido polo anterior; o que comporta un posíbel delito de malversación de fondos públicos da UE”, denuncia Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción.

“As obras de tala e apertura dunha pista forestal, especificamente prohibida, comezaron xa en xullo dentro do Convento de Conxo e no bosque de ribeira da propia area, e avanzan actualmente a un ritmo preocupante no entorno do Milladoiro, resultando inaprazábel a súa paralización cautelar para evitar danos irreparábeis”, alerta Luciano Villar, voceiro da asociación veciñal Conxo Aberto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.