O domingo comezaremos a xornada cos ceos moi nubrados con tendencia á apertura de grandes claros co avance do día. A probabilidade de precipitación é baixa en xeral, con posibilidade dalgúns chuvascos illados na metade oeste. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente na metade sur e as máximas ascenderán lixeiramente.
O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.