Dodro aproba as contas de 2023 e dúas mocións contra a suba do canon de SOGAMA

16 Setembro 2024

O pasado venres 13 de setembro celebrouse o pleno ordinario de setembro no concello de Dodro, que se saldou con acordos importantes como a aprobación da Conta Xeral do 2023 e no que se trataron tres mocións relativas á suba do canon de SOGAMA, dúas sobre transporte público e a non aprobación do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello, cos votos en contra de Xente de Dodro e Unión Veciñal de Dodro, xunto coas abstencións do BNG e o PP, o que, en palabras do Goberno local, impediu que saísen adiante as axudas comprometidas polo Goberno municipal a entidades como Cáritas, a Fundación Rosalía de Castro, as comisións de festas, distintos deportistas ou o Club Deportivo Dodro entre outras entidades.

Conta Xeral
O equipo de Goberno de Dodro conseguiu aprobar a Conta Xeral 2023 a “pesar das dificultades e do voto en contra de Xente de Dodro, que se repetiu en todos os puntos do pleno”, sinalaron dende o Executivo.

SOGAMA
O pleno debateu ata tres mocións sobre a suba do canon de SOGAMA; unha do equipo de goberno, PSOE; outra do Partido Popular e unha máis do BNG.

PSOE e BNG criticaron a suba do canon mentres que a do PP defendía a súa necesidade e culpaba ao Goberno central do incremento. Os nacionalistas apostaron tamén por un cambio de modelo que camiñara cara a reciclaxe. As do PSOE e BNG foron aprobadas mentres que a do Partido Popular foi rexeitada polo pleno.

Transporte

Tamén o transporte público tivo unha especial presenza no pleno con dúas mocións de BNG e Partido Popular. Ambas as dúas foron aprobadas e respecto do debate o Goberno sinalou que “quedou reflectido que se trata dun debate recorrente”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.