Despedindo o verán dende o paseo do Carreiro (nova imaxe da nosa sección de fotos aéreas)

18 Setembro 2024

Esta foto que nos envía o compañeiro Fran Domínguez vai dedicada a todas aquelas persoas que, sen menosprezar o de fóra, defenden e reivindican o seu: a súa natureza, a súa paisaxe, o seu patrimonio e a súa cultura. Dito doutra maneira: aquí moi preto de nós está o paraíso e algúns nin sequera nos decatamos, de tan preto que o temos. Este paraíso en concreto é o que une a contorna das praias da Tasca (á dereita) e A Catía (á esquerda) cos illotes do Carreiro. A foto tirouna estes días Fran en Aguiño a golpe de dron, nun dos moitos días grises que despediron a tempada alta do verán. O paseo, solitario logo de verse tan concorrido en agosto en xullo, parece entón o colofón perfecto do verán, o peche do libro das vacacións e o inicio doutra cousa. Así nolo dá entender ese gris máis escuro do fondo á dereita, preto de Sálvora: auga caendo na auga.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.