“De opio do pobo a desafogo individual”

07 Setembro 2024

Cando Francisco Franco “reinaba” en España “pola G. de Deus” e era o xefe do Estado a todos os efectos, o pobo español estaba adormiñado polo opio derivado das constantes retransmisións futbolísticas que efectuaba a, daquela, única televisión de España: TVE. Cando non era un partido da selección nacional de fútbol, era un partido da liga nacional, da Copa de Europa, etc.,  o que copaban con millóns de telespectadores as pantallas en branco e negro dos televisores con caixa de madeira que só tiñan como opción ao fútbol a “segunda cadea” ou UHF (VHF para outros máis entendidos na materia). 

Foi daquela cando alguén inventou o de “opio do pobo” para cualificar os “desastrosos” efectos na sociedade española das narracións futboleiras dos number one da radio e televisión que foron, con todo merecemento, o noso Enrique Mariñas Romero e Matías Prats Cañete, un tandem formidable da “millor” RTVE na que en España se xogaba a Liga e a Copa do Caudillo que este entregaba – case sempre acompañado no palco por Carmen Polo, a súa dona, e Santiago Bernabeu, sempiterno presidente do Real Madrid en cuxo estadio cada ano se  entregaban os trofeos de ambas as competicións.

Nos tempos actuais trocaron as cousas: Franco está ausente (aínda que algúns non o crean), os policías e gardas civís foron substituidos nos estadios ou campos de fútbol por gardas de seguridade, asubíase o himno nacional cando este, antes, se interpretaba nos previos dun  partido internacional e todo deus se puña en pé  (moitos co brazo dereito en alto durante a interpretación do mesmo himno), e xa non hai quen prenda bengalas, guinde botellas de  cristal ao terreo de xogo, nen invada este na máxima expresión do paroxismo por teren gañado os seus a Copa, a Liga ou o que for e, polo tanto, nin  a policía nin  a garda civil van ás carreiras tras os transgresores das normas e, deste xeito, os partidos xa non teñen o opio que durme ao “populacho” e así o conto non amerita o que con ou contra Franco adoitaba ter.

Nos tempos actuais, o público imita aos monos ou chimpancés dende as bancadas para molestar a xogadores non europeos, e algún destes pide que España -xunto con Marrocos e Portugal- non sexa esceario do Mundial de Fútbol de 2030 polas expresións racistas contra deles nos estadios.

Non, os tempos e as maneiras non son os de antes. 

Porque daquela había máis respecto ou máis medo?. Non sei,  mais era distinto. Talvez porque contra Franco se protestaba millor e se corría moito máis diante dos “grises”. Pero hai xogadores que aquí albiscan síntomas racistas e non teñen problemas para ficharen por equipos de Qatar ou Arabia Saudí, nomeadamente machistas e recistas, que amasan millóns de petrodólares.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.