Convocadas 22 prazas para a categoría de oficial dos corpos de Policía Local de sete concellos, entre eles Boiro, A Illa de Arousa e Santiago

03 Setembro 2024

A Xunta publica hoxe a convocatoria do proceso selectivo de acceso por promoción interna e de provisión por mobilidade para a categoría de oficial dos corpos de Policía Local de Galicia, con 22 prazas en sete concellos. Segundo recolle o Diario Oficial de Galicia, os aspirantes a promocionar deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos continuados na categoría de policía, o mesmo tempo esixido como oficiais aos que optan á mobilidade.

No caso da promoción interna, con 15 vacantes, os concellos ofertantes son Vigo, Santiago de Compostela, Lugo e Carballo. Respecto ao proceso de provisión por mobilidade, convocan un global de sete prazas A Guarda, A Illa de Arousa, Boiro, Lugo e Vigo.

O prazo para inscribirse nesta convocatoria comeza o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Estado e permanecerá aberto durante 20 días hábiles a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal.

Na promoción interna o procedemento de selección é concurso-oposición. Deste xeito, a fase de concurso non terá carácter eliminatorio e consistirá na valoración dos méritos alegados e xustificados, segundo o baremo publicado nas bases. No que se refire á fase de oposición contará con tres exercicios: un test de coñecemento de 120 preguntas e un caso práctico relacionado co temario publicado, así como unha proba de coñecementos do idioma galego para as persoas que non estean exentas. Unha vez rematado o proceso dará comezo o curso selectivo na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), que debe ser tamén superado.

Pola súa banda, a provisión por mobilidade vai destinada a oficiais xa en exercicio que pretenden cambiar de municipio por concurso, de conformidade co baremo de méritos publicado na convocatoria correspondente.

Proceso de selección unitario

A finais de 2017 a Xunta aprobou e publicou o decreto 115/2017 para regular a cooperación da Xunta cos concellos que, voluntariamente, decidan delegar na Administración autonómica a selección dos seus corpos de Policía Local. O obxectivo é aforrar xestións, orzamento e tempo ás entidades locais, ao tempo que se dota o proceso de maior transparencia e axilidade. A confección de listas únicas facilita tamén a contratación. Ademais de formar as promocións de policía local e auxiliares e das categorías de mando, a Agasp é o centro de referencia da formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias, cun amplo plan de formación continua anual.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...