Comezan as obras para a rexeneración paisaxística no parque de Vista Alegre (Outes)

23 Setembro 2024

O Concello de Outes informou do inicio das obras para a rexeneración paisaxística, ambiental e litoral do parque de Vista Alegres. En termos concretos, estas obras consistirán no baleirado, a limpeza, o derribo e a renaturalización da contorna do estanque abandonado.

A actuación comprende tamén a eliminación de eucaliptos, a mellora de mobilidade (accesibilidade), os arranxos na contorna da pasarela e o parrado, a preinstalación eléctrica e a instalación dun novo miradoiro para a posta en valor da marea e a observación de aves.

O Concello sinala que o proxecto busca “sanear o parque, embelecer o litoral do municipio e poñer en valor o espazo protexido do esteiro do Tambre”.

Esta actuación enmárcase na mellora dos espazos urbanos ás beiras do río Tins.

A actuación está financiada nun 90% con fondos NEXT Generation a través da convocatoria da Xunta de Galicia de actuacións para o embelecemento do litoral. O orzamento base de licitación ascende a 84.706,70 € IVE incluído.

Fontes do Concello explicaron que exista a posibilidade de que “en diferentes momentos da execución de obra se proceda co peche temporal do parque para levar adiante as labores”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.