Comeza a conta atrás para a IV Andaina Solidaria de JEALSA (este domingo dende a praza de Galicia de Boiro)

27 Setembro 2024

A IV Andaina Solidaria JEALSA – SD. Barbantia, un dos grandes acontecementos deportivo-humanitarios deste inicio de curso a nivel galego, celébrase este domingo 29 de setembro, con saída dende a praza de Galicia de Boiro ás 10.00 horas.

O recadado na andaina, auspiciada pola conserveira local JEALSA e a Sociedade Deportiva Barbantia, irá dar á oficina compostelá da organización Stop Leucemia (para investigar na loita contra esta doenza poñendo o foco nos novos avances tecnolóxicos). O percorrido será de dez quilómetros e, segundo fixeron saber as entidades organizadoras, presentarase como un percorrido accesíbel e doado de camiñar. A proba non é federada. Habilitarase un dorsal 0 para toda aquela persoa que queira colaborar só cunha cantidade económica. Quen participe na andaina recibirá un agasallo dunha camiseta técnica conmemorativa do evento. O prazo de inscricións formal rematou o martes 24 en emesports pero segue aberto na JEALSA Factory Shop, en Bodión.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.