“Cambiar de ama”. Luís Celeiro

07 Setembro 2024

Cambiaron as cousas, os símbolos e as aparencias. Agora, nestes tempos novos, os políticos
do goberno e os aspirantes calzan zapatillas de cores diversas, para facer honra e honor á
diversidade que se defende nos discursos e nos mitins electorais, cando hai eleccións, cando
conveña. Os executivos visten camisa elegante de seda ou de tecido fino e calzan zapatillas
ou alpargatas, para andar comodamente por ese chan de moqueta. Os campesiños, cando
van de festa, tamén visten o mellor que poden.
Os cordóns dos zapatos modernos son de cores distintas. Unha zapatilla ten o cordón de cor
negra e a súa compañeira vai atada cun cordón de cor vermella ou branca. O caso está na
diferencia, no respecto á diversidade, en dar motivos para falar do banal, de todo aquelo
que non ten importancia. Canto máis trivial, mellor para entreter e desmemoriar á
cidadanía.
Cadaquén pode e debe vestir e calzar como queira, presumir á súa maneira, e rezar na casa,
en alto mentres camiña ou onde queira. Xa na Idade Media, cando se xeneralizou o uso do
calzado, os zapatos tamén servían para tapar os defectos dos pés e, como en épocas
anteriores, son símbolos da posición social de quen os calza. Outros pasaron a súa vida
descalzos, como os escravos.
A industria do calzado apareceu cando fixo falta e cando se albiscaba o negocio. Dende o
seu principio foi cambiando constantemente, guiada polas modas. E quen guía a moda?
Como di a Tía Manuela, “a moda, en vestir e calzar, hai que guiala cara a sustentabilidade”.
Segundo indican as estatística, hai millóns e millóns de prendas que non se usan máis de
cinco ou seis veces ao ano, logo cómpre facer algo, cambiar a moda e, se é conveniente,
cambiar o mundo.
Parece necesario, e obrigado, saber que a roupa e o calzado máis sustentable é o que xa
existe, polo tanto, hai que pensar en reciclar e reutilizar para acadar a sustentabilidade da
roupa, dos zapatos e das zapatillas. Hai que arranxar esta indumentaria e non poden doer
prendas ao participar en mercados de segunda man, cada vez máis de moda. De moda son
as compras conscientes, a calidade e o respecto ao medio ambiente, mentres que aquilo
que non se usa perde interese, require e esixe cambiar de armario e de amo ou de ama.
O mundo está dende sempre en cambio permanente. Cambia a orografía a xeografía, o
clima e as formas de vivir das planas, dos animais e da xente. Algún autores falan da
revolución dos dereitos, da extensión da tecnoloxía e do enorme e desigual crecemento
económico. Pero hai evidencias de que o cambio non se para, transformouse e segue
transformándose o traballo, mentres os salarios anovados non teñen alcance suficiente e os
traballadores deben desprazase e achegarse a países emerxentes. Todo e vello e novo ao
mesmo tempo. Sigamos! E, a poder ser, con saúde.

Outros artigos

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

+

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...

+

“O Barbanza sabe a mar”. Antón Luaces

Con preto de 70.000 habitantes, os 247 quilómetros cadrados da comarca do Barbanza que constitúen os concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira souberon dende os primeiros tempos aproveitar todo o moito que o mar ofrecía (e aínda ofrece). En primeira...

+

“Mi amiga, problema solucionado”. Manuel dominguez

Mi amiga tiene un currículum vitae impresiónate, así se lo dicen los directivos donde se presenta candidata a un puesto de trabajo El problema es que hay un hueco de 5 años sin cubrir, que fue el tiempo que se dedico a sus dos hijos. Todos le preguntan por ese tiempo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Encontro consigo e cos amigos”. Luís Celeiro

“Encontro consigo e cos amigos”. Luís Celeiro

Víronse no medio do mar e o mar estaba por medio, como sinalan moitos documentosnotariais ao describir os lindes das leiras galegas do Norte, desas terras amparadas poloAtlántico e abrazadas ao Cantábrico de auga quente, a máis quente dos mares que nosrodean. Víronse...

“O Carballiño”. José Castro López

“O Carballiño”. José Castro López

Unas semanas atrás comenté los tres rasgos distintivos del concello de O Porriño y hoytraigo a este comentario la singularidad de otro concello, O Carballiño, que tambiénsobresale por tres peculiaridades.La primera es el templo católico de la Veracruz, el segundo...