Boiro acolle o sábado 7 de setembro un campionato galego de culturismo

05 Setembro 2024

A Casa da Cultura de Boiro acolle este sábado 7 de setembro un Campionato galego e Open de Culturismo. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da actividade xunto con Sebastián Lago e María Dolores Estévez, organizadores do campionato. A proba terá lugar o sábado 7 de setembro a partir das 16.00 horas na Casa da Cultura de Boiro e haberá categorías culturismo junior, senior e master; Mr. Atletic men short; Men physique junior, senior e master; Miss bikini junior, senio e máster; Miss wellmess; Miss Shape; Miss figura; Miss sport model e culturismo feminino. “É a primeira vez que se organiza en Boiro un campionato de culturismo e é gracias á implicación de colaboradores e patrocinadores”, afirmou Sebastián Lago.

Haberá premios en metálico para as distintas categorías e está previsto que participen uns 20 deportistas, algúns deles boirenses e tamén da comarca. “É un orgullo para Boiro acoller este campionato e facelo da man dun deportista como é Sebas, nunha modalidade deportiva que cada vez ten máis adeptos”, afirmou Marcos Fajardo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...