As heroinas de Sálvora, protagonistas no dixital “Público”

22 Setembro 2024

As catro heroínas do Titanic galego: a historia das mulleres que salvaron aos náufragos de Sálvora.

O diario dixital “publico.es” publica esta fin de semana unha reportaxe sobre o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel e o papel das mulleres no rescate das vítimas do trasatlántico.
A madrugada do 2 de xaneiro de 1901 perderon a vida 213 persoas das 256 que viaxaban a bordo do Santa Isabel. Todos eles dirixíanse a Cádiz, onde se ían a embarcar nun transoceánico con destino a América Latina.

Así empeza o artigo do dixital redactado pola xornalista, Laura Anido, quen contou coa colaboración de Xosé María Fernández Pazos, historiador, cronista oficial de Ribeira e autor da obra “Salvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, publicada en 1998 e que nos próximos días sairá na súa terceira edición.

Cipriana Oujo Maneiro, Josefa Parada, María Fernández Oujo e Cipriana Crujeiras coa medalla de Salvamento de Náufragos

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.