“Árbores caídas”. Xulio Xiz

08 Setembro 2024

Se o refraneiro afirma que da árbore caída calquera fai leña, é lóxico atopar paralelismo entre a vella árbore que a morte ronda coa do ser humano que despois dunha madurez triunfante afronta o ocaso en soidade, e entre os depredadores da madeira e os que vilipendian ao que deixou de ser importante.

As Caixas galegas foron entidades estimadas e poderosas, e os seus rectores chegaron a posuir poder recoñecido por todos, superior aos cargos políticos que formaban parte do coro de interesados na súa amizade.

O que Caixa Ourense dicía en Ourense; Caixa Vigo en Vigo, e Caixa Galicia en A Coruña e Lugo, era tido en conta. E a vox populi afirmaba que en Vigo non se movía unha palla sen que Julio Fernández Gayoso non dese o seu placet, do mesmo xeito que A Coruña se rendía a José Luis Méndez López, e cando viña por Lugo era noticia en todos os medios e concitaba presencia de notables.

“Pasou o que pasou”, como un moderno diluvio universal, caeron estrepitosamente aquelas caixas, as súas cabezas visibles procuraron xubilación áurea e pasaron a un ostracismo comparable coa situación das árbores orgullosas arrancadas por un furacán.

José Luis Méndez veuse na precisión de renunciar hai xa máis dunha década ao título de Fillo Predilecto da cidade de A Coruña, e agora o Consello de Ministros ven de retirarlle a Medalla do Mérito ao Traballo a Julio Fernández Gayoso. Poden ter organizado un económico futuro perfecto, pero perderon a aura, a influencia, a amizade, o respecto. Se as institucións non andiveran detrás deles cando triunfaban, non tiñan porque facer agora leña de árbores caídas, xoguetes rotos; millonarios pobres de solemnidade.

Outros artigos

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

+

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...

+

“O Barbanza sabe a mar”. Antón Luaces

Con preto de 70.000 habitantes, os 247 quilómetros cadrados da comarca do Barbanza que constitúen os concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira souberon dende os primeiros tempos aproveitar todo o moito que o mar ofrecía (e aínda ofrece). En primeira...

+

“Mi amiga, problema solucionado”. Manuel dominguez

Mi amiga tiene un currículum vitae impresiónate, así se lo dicen los directivos donde se presenta candidata a un puesto de trabajo El problema es que hay un hueco de 5 años sin cubrir, que fue el tiempo que se dedico a sus dos hijos. Todos le preguntan por ese tiempo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Encontro consigo e cos amigos”. Luís Celeiro

“Encontro consigo e cos amigos”. Luís Celeiro

Víronse no medio do mar e o mar estaba por medio, como sinalan moitos documentosnotariais ao describir os lindes das leiras galegas do Norte, desas terras amparadas poloAtlántico e abrazadas ao Cantábrico de auga quente, a máis quente dos mares que nosrodean. Víronse...

“O Carballiño”. José Castro López

“O Carballiño”. José Castro López

Unas semanas atrás comenté los tres rasgos distintivos del concello de O Porriño y hoytraigo a este comentario la singularidad de otro concello, O Carballiño, que tambiénsobresale por tres peculiaridades.La primera es el templo católico de la Veracruz, el segundo...