Araño prepara unha nova edición (a cuarta) do Ciclo Cultural Hórreo Vivo

11 Setembro 2024

A parroquia do Araño prepárase para o IV Ciclo Cultural Hórreo Vivo, que xa se asenta como fito anual e que nesta convocatoria ofrece novamente un amplo e variado abano de actividades, por exemplo obradoiros creativos de brinquedos e instrumentos tradicionais e populares, teatro infantil, espectáculos, sesións de regueifa, visitas guiadas e, por suposto, concertos.

Utilizando o hórreo máis longo do mundo como símbolo do patrimonio da aldea, as asociacións A Carballeira de Baia e Asociación de Veciñas e Veciños do Araño, apostan deste xeito “por unha programación diversa que poña en valor a riqueza das aldeas”, para o cal contan co financiamento da Deputación da Coruña e o apoio do Concello de Rianxo, lembran.

O ciclo comezará o venres 27 no propio hórreo que dá nome ao evento, cun obradoiro de palletas e frautas de herba impartido por Luis do Río, para logo continuar con teatro infantil con Migallas Teatro.

Ó día seguinte, logo dunha visita guiada ó patrimonio da aldea e a degustación de pan de boroa por cortesía da Panadería de Panmillo, sucederanse os espectáculos pola tarde da man de  Sideral Circus Tour e PeterPunk e tamén as regueirafas de Lupe Blando, Josiño da Teixeira e Manolo Maseda. 

O peche do ciclo será a noite do mesmo día, cos concertos de Ruckan RockBlues e Recambios Tucho e as actuacións de Pepo Suevos e Isabel Risco.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.