Adxudicada a redacción do proxecto básico e de execución da rehabilitación do Conservatorio de Aguiño

19 Setembro 2024

O Concello de Ribeira deu novos pasos en materia de eficiencia enerxética e sustentabilidade coa adxudicación da redacción de proxecto e de execución para rehabilitar o Conservatorio de Aguiño.

As medidas incluídas no proxecto supoñen pasar dunha cualificación enerxética D a unha A, alcanzando un aforro do 73,56% no consumo de enerxía primaria de orixe non renovábel.

O Concello explica que o actual Conservatorio de Aguiño é un edificio dunha tipoloxía construtiva moi básica, construído para unha finalidade “na que non era necesario acondicionar correctamente

o interior e que non foi reformado en profundidade”. Isto tradúcese nunha demanda de enerxía excesiva para alcanzar valores de confort térmico aceptábeis para os usuarios, e ademais presenta un elevado grao de deterioro, que afea a contorna no que se enclava e resta interese para o seu uso por parte dos cidadáns”, sinalaron fontes do Consistorio, engadindo que as instalacións tamén son antigas e moi ineficientes, con sistemas instalados hai 20 anos que foron amplamente superados na actualidade.

Esta ineficiencia, unida á mala situación dos cerramentos, provoca “un gasto excesivo en enerxía que non redunda ademais na mellora das condicións interiores, ademais de incrementar o custo do mantemento das mesmas”, explicou o Concello, que debullou deste xeito as diferentes vertentes do proxecto:

1. Incluír un sistema de climatización por aerotermia e renovación de aire con recuperación de calor de alta eficiencia.

2. Mellorar sistemas de iluminación con outros de menor consumo.

3. Manter os mesmos usos internos.

4. Mellorar o illamento cun sistema SATE exterior protexido cun panelado de madeira termotratada.

5. Incluír un falso teito de madeira no espazo do escenario para mellora acústica

6. Igualar a altura da cornixa co cumio do tellado para ordenar o volume.

7. Igualar a altura da cornixa co cumio do tellado para ordenar o volume.

8. Incluír paneis solares en cuberta.

9. Converter as xanelas do espazo do escenario-auditorio e da cantina en corredeiras ata o chan de modo que os espazos do auditorio e da cantina poidan estenderse ao exterior facendo un edificio máis participativo.

10. Ocupar cunha bancada exterior o espazo actual de aparcamento que se desprazaría cara ao lateral do edificio de Telefónica para lograr un auditorio exterior.

11. Desprazar a zona de xogos dos nenos a un lateral máis visíbel desde a rúa para á súa vez permitir un espazo social exterior con grellada enfronte da cantina.

12. Revestir as paredes interiores con paneis acústicos de madeira.

13. Introducir un espazo de asento para espera próximo á entrada.

14. Utilizar madeira laminada como material estrutural para as novas estruturas.

O rexedor Luís Pérez Barral afirmou que despois das instalacións dos paneis fotovoltaicos do Complexo Deportivo da Fieiteira, do novo Auditorio a da Unidade de Condutas Aditivas (UCA), “o Concello de Ribeira seguirá coa implementación da eficiencia enerxética en tódalas instalacións municipais para mellorar en aforro enerxético e continuar avanzando na eficiencia enerxética así como reducir as emisións de carbono”. Ademais disto, Pérez Barral destacou que grazas a esta actuación, “Aguiño verá como se mellora un equipamento fundamental na parroquia e que acolle tantos eventos”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...