Accidente de tráfico con catro persoas feridas en Outes

06 Setembro 2024

Accidente de tráfico con catro persoas feridas na AC-550, no punto quilométrico 63, en Outes

Consorcio Provincial de Bombeiros

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertadas esta tarde dun accidente de tráfico na AC-550, no punto quilométrico 63, en Outes. No accidente, no que se viron involucrados dous vehículos, resultaron feridas catro persoas, dous adultos e dous bebés. Á súa chegada ao lugar do incidente os bombeiros axudaron ao persoal médico na atención sanitaria aos feridos e iluminaron a zona para facer máis seguro o punto do incidente. 

Finalmente, un dos adultos feridos foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela mentres que o outro adulto e os dous bebés foron dados de alta no mesmo punto polos servizos médicos. 

Completaron o operativo a Garda Civil, médicos do PAC de Noia e o GES de Noia. 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.