Abertas as inscricións para participar nas aulas socioculturais de Rianxo, que inclúen obradoiros de artesanía, canto, escrita e gravado

25 Setembro 2024

O Concello de Rianxo, a través do rexedor Julian Bustelo, presentou esta semana os detalles da nova edición do programa municipal de Aulas Socioculturais e de Ocio Educativo. Trátase, nas súas palabras, “dunha proposta de animación para dinamizar socialmente e difundir a cultura popular, a educación e o coñecemento entre a veciñanza adulta”.

O prazo de inscrición xa está aberto (até o 2 de outubro, coa documentación precisa para ser cumprimentada na web municipal) e as persoas interesadas en participar poderán escoller entre artesanías creativas, canto, escrita creativa e gravado.

O inicio das actividades será na segunda quincena de outubro.

Artesanías Creativas

A través desta actividade búscase “fomentar a creatividade que, ademais de permitirnos facer da nada, con materiais sinxelos, algo que sae do noso maxín, nos axuda a resolver os problemas aos que nos enfrontamos día a día”. Destinatarios: Maiores de 14 anos. Docente: Electra Menéndez. Calendario: Os xoves 17, 24 e 31 de outubro; 7, 14, 21 e 28 de novembro; 5, 12 e 19 de decembro e 9, 16, 23 e 30 de xaneiro. Non lectivos: 26 de decembro e 2 de xaneiro.

Horario e lugar: De 16:00 a 18:00 no Pazo de Rianxiño (1º andar).

Participantes: Máximo 10.

Canto

Os obxectivos desta actividade son “fomentar o convivio musical” e “contribuír ao benestar e a un envellecemento activo”. As persoas participantes aprenderán diversos aspectos básicos técnicos da voz, que permitirán un mellor autocoñecemento e un desfrute do propio instrumento. Traballaranse aspectos como a música en conxunto para desenvolver o traballo en equipo.

Destinatarios: Maiores de 50 anos.

Docente: Esperanza Mara Filgueira Rama.

Calendario: Os martes 15, 22 e 29 de outubro; 5, 12, 19 e 26 de novembro; 3, 10 e 17 de decembro; e 7, 14, 21 e 28 de xaneiro. Non lectivos: 24 e 31 de decembro.

Horario e lugar: De 16:00 a 18:00 no Centro Sociocultural-Auditorio(1º andar).

Participantes: Máximo 20 participantes.

Escrita Creativa: Páxina e Perspectiva

O escritor ribeirán Antonio Piñeiro guiará un laboratorio de escrita no que “explorarmos as claves e os secretos da dicción eficaz, da creatividade de estilo, da arte e da expresión que, combinando a iniciación co ensaio continuo, nos meta na emocionante aventura da creación da nosa obra literaria”. Este curso desenvólvese en colaboración coa Asociación Galega de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Destinatarios: Maiores de 15 anos.

Docente: Antonio Piñeiro. Sesión maxistral: de Luz Pichel.

Calendario: Os sábados 19 e 26 de outubro; 9, 16, 23 e 30 de novembro; 14 e 21 de decembro; e 11 e 18 de xaneiro. Non lectivos: 2 de novembro, 7 e 28 de decembro e 4 de xaneiro.

Horario e lugar: De 11:00 a 13:00 no Centro Sociocultural-Auditorio (1º andar).

Participantes: Máximo 15 participantes.

Gravado (Introdución ao Linogravado e ao Augaforte)

Este curso, que se desenvolve en colaboración co Museo do Gravado á Estampa Dixital do Concello de Ribeira, pretende fomentar a arte gráfica introducindo as técnicas básicas do gravado (preparación de matrices, transferencia de imaxes, limpeza e entintado e impresión) en linogravado e augaforte.

Destinatarios: Maiores de 16 anos.

Docente: José Fernández Míguez.

Calendario: Os sábados 19 e 26 de outubro; 9, 16, 23 e 30 de novembro; 14 e 21 de decembro. Non lectivos: 2 de novembro e 7 de decembro.

Horario e lugar: De 10:00 a 13:00 no Pazo de Rianxiño (1º andar).

Participantes: Máximo 15 participantes.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.