A veciñanza do Son ateigou a Casa da Cultura para asistir á presentación do documental “O son do mar”

23 Setembro 2024

Veciños e veciñas de Porto do Son encheron o auditorio da Casa da Cultura na estrea do documental O son do mar, elaborado pola produtora Xurdir. Na cita, celebrada este venres 20 de setembro, participaron Luis Oujo, Alcalde de Porto do Son, e Noelia Francisco, directora de produción de Xurdir. O rexedor destacou que se trata dunha peza audiovisual que “recolle a esencia do noso pobo, do noso ser, da nosa terra e do noso mar”.

O documental O Son do Mar foi desenvolvido pola produtora compostelá Xurdir para promover, visualizar e reivindicar as mancheas de tesouros paisaxísticos, naturais, humanos, turísticos, patrimoniais e culturais de Porto do Son.

A presentación estivo aberta á cidadanía.

O audiovisual O son do mar xa se pode visualizar en Vimeo. Inclúe mancheas de entrevistas coas veciñas e veciños do concello, que explican, entre outras cousas, a súa estreita relación co mar, comezando pola orixe do topónimo que dá nome á vila sonense e ao municipio.

Xurdir, con base no Castiñeiriño (Santiago) está a producir unha serie de documentais que teñen como principal obxectivo por en valor a industria e a actividade económica que se realiza nos concellos da nosa terra. Xa ten demostrado o seu bo facer co noso territorio, por exemplo con Boiro, A Pobra, Ribeira e Rianxo, e agora agarda xerar novamente un impacto considerábel nas redes co seu audiovisual sobre Porto do Son.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.