A Sociedade Xitana Española informa do remate do conflito entre familias en Deán Pequeno (Ribeira)

20 Setembro 2024

A entidade Sociedad Gitana Española emitiu un comunicado no que informa da solución, a aclaración e a conclusión positiva do conflito protagonizado por dúas familias da contorna da ría de Arousa e que tivo o seu momento máis crítico en Deán Pequeno (Ribeira) este 18 de setembro cunha pelexa multitudinaria no dito barrio de Santa Uxía, unha lea na que tiveron que intervir os corpos da Policía Local e Nacional e que supostamente tivo a súa orixe nunha denuncia presentada por unha veciña que acusaba á familia do seu marido falecido de tela retido contra a súa vontade durante días para que gardase “o debido loito” (feitos que por certo son desmentidos no comunicado).

A Sociedade Xitana aclara no seu comunicado que os feitos xa foron perdoados ao intervir este xoves 19 de setembro o rei dos xitanos de Galicia xuntamente con representantes dos consellos de anciáns de Vigo, Marín a Coruña.

No comunicado engádese que “as forzas de Seguridade así como o Concello e a Delegación do Goberno xa teñen coñecemento da resolución positiva desta intervención de paz onde hai que aclarar que non houbo ningún apuñalamento nin existiu ningún secuestro sendo unha invención dunha familia e da outra”. E engaden: “Todo foi falado quedando aclarado perfectamente e as dúas familias enfrontadas farán a súa vida normalizada en diante sen ningún tipo de represalias nin rancores”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.