A rapazada participante no Campamento Concilia Verán 2024 do Concello de Boiro participou o venres 30 de agosto nunha festa de clausura das actividades que tivo lugar no parque da Cachada. As concelleiras Carmen Silva e María Outeiral, acompañaron aos participantes e monitores na xornada.
A festa de despedida consistiu nunha xornada de xogos populares e animación musical, obradoiros e unha merenda como colofón na que se reuniron todas as persoas participantes.
Nesta edición do campamento participaron arredor de 200 nenos e nenas que puideron desfrutar durante a época estival de actividades levadas a cabo polo monitorado; espectáculos teatrais; actividades en colaboración con outras entidades locais como taekwondo ou rugby; actividades con Callejeros Barbanza ou o Centro de Día de Boiro.
O servizo, destinado a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, ofreceu “horarios flexíbeis co obxectivo de facilitar ás familias un recursos de conciliación, ofrecendo unha alternativa lúdica, formativa e integradora de ocio e tempo libre aos participantes”, informou o Concello. O Campamento Concilia de Verán levouse a cabo nas súas catro sedes: Cespón, Abanqueiro, Boiro e Cabo de Cruz.