A Pobra alíñase formalmente contra a suba do canon de SOGAMA

27 Setembro 2024

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 26 de setembro, a partir das 19.00 horas, a sesión ordinaria do pleno da Corporación local. O pleno saldouse entre outros acordos, coa adhesión formal da Pobra á ILP que pretende derrogar a Lei da Tauromaquia, e co rexeitamento da Corporación á suba do canon de SOGAMA polo tratamento de lixo que afectaría directamente ás arcas dos Concellos.

A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Dar conta de decretos da Alcaldía e asuntos varios.

2. Aprobación inicial da modificación do Regulamento Orgánico Municipal do Concello da Pobra do Caramiñal (ROM). Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

3. Aprobación provisional da modificación da ordenanza fiscal nº3 reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Aprobada por unanimidade.

4. Moción do grupo municipal do PP relativa á construción dun parque infantil público, a reparación da pista deportiva da Granxa na parroquia de Santa Cruz e a construción de beirarrúas. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VixP).

5. Moción do grupo municipal de Nós Pobra en apoio á ILP para a derrogación da Lei 19/2013 do 12 de novembro, a cal regula a tauromaquia como patrimonio cultural. Aprobada con 6 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE), 3 en contra (3 edís do PP) e 4 abstencións (VIxP e outras 3 edís do PP). Esta Iniciativa Lexislativa Popular coa que se aliña o Concello pretende derogar a lei que blinda a tauromaquia, aprobada en 2013, que declarou os touros como patrimonio cultural inmaterial e socavou as posibilidades de regulación e prohibición que ostentaban as autonomías e os municipios.

Deseguido debatéronse conxuntamente os puntos 6 e 10 por versar sobre a mesma cuestión, ós cales o PP presentou emenda que quedou denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VixP).

6. Moción do grupo municipal do PSdeG en relación á suba do canon que os concellos abonan a SOGAMA pola xestión dos seus residuos. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

10. Moción do grupo municipal do BNG relativa ao anuncio da Xunta do incremento do canon de SOGAMA para 2025. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

7. Moción do grupo municipal do PP relativa á continuación da rexeneración da praia dos Areos. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VixP).

8. Moción do grupo municipal do PP relativa á proliferación de roedores no municipio. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VixP).

9. Moción do grupo municipal do PP en defensa dun sistema de financiamento xusto e solidario entre as comunidades e cidades autónomas. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VixP).

11. Rogos e preguntas.

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñíbel na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.