A Piscina Municipal de Rianxo ofrece proba dun día e matrícula de balde en setembro

05 Setembro 2024

A Piscina Municipal de Rianxo, xestionada por BeOne, lanza a súa campaña de setembro baixo o lema Ponte On, convidando ás veciñas e veciños a comezar (ou “retomar”) unha vida máis activa tras o verán. Desde o 26 de agosto e durante todo o mes, as persoas interesadas poderán gozar dunha proba gratuíta dun día. Ademais, aquelas que se inscriban como socias durante este período gozarán de matrícula gratuíta.

Con estas e outras iniciativas a firma quere poñer o foco na calidade do seu servizo: “BeOne Rianxo destácase polas súas completas instalacións deseñadas para ofrecer unha experiencia deportiva integral. O noso centro conta con piscinas climatizadas, ideais para nado e fitness acuático, así como un spa para relaxación e recuperación. A sala fitness está equipada con zonas diferenciadas para cardio, peso libre, adestramento funcional e máquinas. Ademais, os usuarios poden acceder á sala para actividades dirixidas, onde se practican disciplinas como córeo, bike, tonificación e actividades corpo-mente”.

A empresa concesionaria tamén destaca que pensando nas familias, a Piscina Municipal de Rianxo ofrece unha variedade de actividades infantís e unha escola de natación, “asegurando que tanto adultos como nenos poidan gozar dunha vida activa e saudábel”.

O centro tamén ofrece adestramentos persoais adaptados ás necesidades e obxectivos de cada usuario, proporcionando unha atención personalizada.

Óscar Rial, director da Piscina Municipal, comenta o seguinte: “En BeOne Rianxo esforzámonos por ofrecer unha contorna que inspire aos nosos socios para levar unha vida activa e saudábel. Estamos seguros de que quen nos visite durante este período quedarán encantados cos nosos servizos, e quererán unirse á nosa comunidade”.

Engade que a campaña En setembro… Ponte On está deseñada para motivar á comunidade para retomar ou iniciar unha vida activa despois do verán.

O convite está dispoñíbel a través da páxina web de Beone.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.