A patronal de Ribeira celebra a volta ao cole cun sorteo de 500 euros en vales de compra e 15 lotes de material escolar

03 Setembro 2024

Co remate do verán e co inminente curso escolar ás portas, a Asociación de Empresarios de Ribeira puxo en marcha un sorteo-campaña dirixido a todos os clientes que fagan as súas compras nos establecementos asociados. O obxectivo fundamental desta nova iniciativa da patronal é incrementar as vendas e incentivas o consumo no pequeno comercio retallista e na hostalería de Ribeira. A promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día 3 até o 30 de setembro. A forma de participar será mercando e consumindo en calquera establecemento asociado. Os clientes deberán rexistrar o seus tíckets de compra na páxina web da patronal ribeirense. O sorteo realizarase o martes 1 de outubro ás 13:00h no local da Asociación de Empresarios. En total, sortearanse 500 euros en vales de compra (dous vales de 100 euros e 6 vales de 50) e máis 15 lotes de material escolar. Esta campaña está financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.