A OPP83 celebra a III Xornada de Pesca de Ribeira o 20 de setembro

13 Setembro 2024

A Sociedade Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira organiza un ano máis a Xornada de Pesca de Ribeira e faino coa finalidade de “tratar temáticas de gran interese para o sector pesqueiro”. A cita terá lugar o próximo 20 de setembro entre as 10.00 horas e as 14.00 horas na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.

A Cooperativa Santa Uxía de Ribeira porá o foco en diversas cuestións de gran actualidade para a pesca galega como o novo regulamento de control, os problemas de comercialización dos produtos pesqueiros en España, a situación actual da pesca de litoral, a problemática vinculada ás capturas accidentais de cetáceos e as oportunidades de financiamento a través do Fondo Europeo Marítimo para a Pesca e a Acuicultura (FEMPA).

Entre as personalidades participantes na xornada estarán o conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares; o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral; e a directora da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Gloria Santalla Quintana.

Tamén participarán como relatores o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Conselleria do Mar da Xunta de Galicia, Antonio Basanta; a directora de FEDEPESCA, María Luisa Álvarez Blanco; a xefa da área de Control da Subdirección Xeral de Vixilancia Pesqueira e Loita Contra a Pesca Ilegal da Secretaría Xeral de Pesca, Cristina Laborda Sánchez; o xefe de Área da Subdirección de Biodiversidade Terrestre e Mariña do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Rafael Centenera Ulecia; e o profesor titular da USC e investigador da área de Economía Aplicada do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).

As persoas interesadas en asistir á III Xornada de Pesca de Ribeira poden inscribirse na páxina web da OPP83. O prazo remata o 18 de setembro ás 23.59 horas.

Esta acción divulgativa forma parte do Plan de Produción e Comercialización (PPyC) da OPP83, co-financiado polo FEMPA e a Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.