A Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero fai parada en Dodro

13 Setembro 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este xoves 12 de setembro o concello de Dodro para entregar a Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero (MAVI), iniciativa que ten como obxectivo fomentar a igualdade e concienciar sobre a necesidade de seguir avanzando na loita contra a violencia machista. Coa parada en Dodro percorreu xa 12 municipios e entidades da provincia da Coruña.

A subdelegada foi recibida nas instalacións da Biblioteca Municipal polo alcalde Xabier Castro, a quen agradeceu a acollida. Rivas sinalou na presentación da maleta o carácter “municipalista desta iniciativa”, resaltando que “é fundamental a colaboración e implicación dos concellos para o éxito da mesma” e engadindo que “son os concellos, especialmente nas zonas rurais, os que poden organizar actividades de animación á lectura para pór a disposición das veciñas e veciños os libros que cada maleta incorpora, á vez que os utilizan para concienciar sobre o valor da igualdade”.

Tamén acompañaron á subdelegada e ao rexedor municipal o concelleiro de Cultura, a responsábel da Biblioteca Municipal e a animadora sociocultural, así como veciños e veciñas usuarias do Club de Lectura, e que lle trasladaron a subdelegada o programa de actividades que van realizar coa MAVI no tres meses que permanecerá neste concello.

A maleta permanecerá en Dodro ata dentro de tres meses, e contén un total de 14 títulos. Así hai 5 títulos de lectura infanto-xuvenil por exemplo Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa? de Raquel Díaz Regueira, ou Contos para as boas noites para nenas rebeldes de Elena Favilli e Francesca Cavallo. Tamén contén 9 libros para persoas adultas por exemplo Mentiras para ser unha muller de verdade. Manual para principiantes de Rocío Salazar e Aqueles días en que eramos malas de Inma López Silva. A última incorporación á MAVI é unha colección de debuxos cedidos por Rosa de Cabanas que leva por título Mulleres Valentes, que representa a mulleres coñecidas pero tamén anónimas, cada unha co seu valor na sociedade do momento, mulleres referentes escritoras, pintoras, científicas, arquitectas, escultoras, costureiras, mestras, activistas en moitas ocasións silenciadas pola historia.

Percorrido

Desde os seus inicios en outubro de 2022, a maleta viaxeira contra a violencia de xénero percorreu xa 11 concellos da provincia da Coruña, visitando as súas bibliotecas municipais e as dos centros escolares, casas de acollida ou asociacións vítimas de violencia de xénero co obxectivo de favorecer a reflexión sobre a igualdade.

MAVI comezou a súa andaina para a igualdade no concello de Vimianzo, de alí continuou ata Cedeira, Mañón, Melide, Centro de Inserción Social Carmela Arias Díaz de Rábago da Coruña, Cee, A Baña, Val do Dubra, Santa Comba, Carballo e Boqueixón.

A Maleta Viaxeira continuará a súa viaxe pola igualdade polos concellos e entidades da provincia que así o soliciten.

Outros artigos

Sábado 12, con nubes e claros e temperaturas en ascenso

O sábado, día do Pilar e Festa Nacional de España, persistirá certa inestabilidade atmosférica .Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros, con algúns chuvascos, máis probables canto máis ó oeste e pola mañá. As temperaturas experimentarán un...

+

Nova imaxe institucional do Concello de Muros

O Concello de Muros presentou esta tarde a súa nova imaxe corporativa e institucional, unha nova marca que reflicte os elementos máis representativos do concello e o seu forte vínculo co mar.Nun acto para o tecido asociativo e o conxunto da veciñanza celebrado no...

+

Presentación do IV Open Corrubedo de Spinning Galicia

O vindeiro 26 de outubro teremos esta cuarta edición de pesca con cana organizada polo clubSpinning Galicia. Na presentación estiveron o segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, oconcelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando...

+

Premios da Cultura Galega 2024

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...