A Gamela celebra esta fin de semana en Cabo a terceira edición da súa Xuntanza Mariñeira

02 Setembro 2024

A Asociación A Gamela de Cabo de Cruz vai desenvolver esta semana a terceira edición da Xuntanza Mariñeira Mar de Cabo, organizada pola dita asociación coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Boiro. Celebrarase os vindeiros 6 e 7 de setembro (venres e sábado) na localidade de Cabo de Cruz.

Con esta xuntanza, explican dende a asociación, “pretendemos promover a conservación do patrimonio marítimo reunindo embarcacións tradicionais e dar visibilidade a unha embarcación que soamente temos en Cabo de Cruz e que dá nome á nosa asociación, a gamela”. Outro dos obxectivos desta xornada é conmemorar a historia marítima local recuperando a regata de bucetas, amais de “fomentar o intercambio cultural e facer festa na aldea”.

A xornada inclúe actividades o venres (dende as 18.00 horas), como a presentación do proxecto A Memoria de Cabo de Cruz, seguida dunha foliada e un arrós mariñeiro na Lonxa de Cabo. O sábado celebrar a Regata de Bucetas (da Lonxa ao Náutico) e logo haberá unha sesión vermú de batea e unha xeira de navegación polo mar de Cabo. Pola noite actúa Zeltia Irevire no Castro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.