A Deputación presenta as actas do Congreso do Reino Medieval de Galicia

17 Setembro 2024

O Museo do Pobo Galego acolleu este 17 de setembro a presentación do libro das actas do Congreso do Reino Medieval de Galicia, celebrado en setembro do 2022, e organizado pola área de cultura da Deputación da Coruña baixo a coordinación do historiador Anselmo López Carreira.

A presentación continuará este martes 17 ás 19:30h, aberta ao público, na que participarán a deputada, Natividade González; a presidenta do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, e o investigador Anselmo López Carreira.

Trátase dunha publicación que contén as actas dun congreso que reuniu a máis dunha vintena de historiadores e investigadores, para divulgar unha das épocas de maior esplendor histórico. “Unha obra literaria de gran relevancia histórica que nos ofrece a oportunidade de coñecer en detalle, da man de numerosos expertos, este período dourado da nosa historia, a arte, a música, a literatura, a arquitectura…” destacou o presidente, Valentín Formoso, engadindo que “a Deputación da Coruña é pioneira en dar a coñecer a etapa histórica de maior esplendor político, literario, artístico, arquitectónico, económico e social dos dous mil anos de historia e personalidade político-administrativa de Galicia; e este libro que hoxe presentamos aquí é unha boa mostra do que acabamos de afirmar”.

A deputada de cultura, Natividade González destacou o “esforzo” da entidade provincial neste proxecto, xa que, “ademais de  contar coas investigadoras e os investigadores de máis prestixio no estudo do Reino Medieval de Galicia, poñemos á luz do conxunto da sociedade todo ese traballo de investigación”.

Ademais, sinalou que esta publicación enmárcase nun proxecto máis amplo, que nace do compromiso da área de cultura da Deputación de “combater o descoñecemento sobre esta etapa da nosa historia”. “Este proxecto”, explicou, “ten tres pólas: o Congreso, que xa se celebrou, e que recollen estas actas; un certame para apoiar iniciativas que axuden a dar a coñecer a existencia deste importante período histórico, e unha terceira que será unha exposición como nunca se fixo sobre esta etapa da historia de Galiza, que faremos na próxima primavera en espazos públicos das cidades de Santiago e da Coruña”.

Pola súa parte, o investigador e coordinador do congreso, Anselmo López Carreira, resaltou a “calidade da publicación, proporcional á do congreso”, que foi “pioneiro, ao poñer o foco, por primeira vez, na mesma existencia de Galicia como Reino Medieval a través de achegas científicas da máxima actualidade”. O investigador agradeceu á “área de cultura da Deputación a iniciativa do congreso, da publicación e da exposición que se levará a cabo para situar esta o Reino de Galicia no lugar que lle corresponde”. 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.