A Deputación visita a comunidade de montes de Baroña e o seu centro de transformación

26 Setembro 2024

A deputada de Industria, Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, visitou este mércores 25 de setembro o centro de transformación vinculado a Comunidade dos Montes de Baroña, en Porto do Son, un inmóbel enfocado á transformación de produtos cárnicos, sector clave na contorna.

A deputada salientou que “a comunidade de montes de Baroña continúa con este proxecto unha longa tradición gandeira que se distingue pola súa produción en extensivo, sen utilización de pensos ou antibióticos, garantindo así unha materia prima de excelente calidade, que marca a diferencia”.

Destacou tamén o carácter sustentábel e harmónico da iniciativa, na que “cabalos de pura raza galega, cabras, ovellas e vacas conviven no monte, abonan os terreos e xestionan a biomasa forestal para a prevención de incendios”. Á súa vez, os montes de Baroña contan cun total de 30 colmeas e 100 hectáreas rexistradas de coto micolóxico.

A deputada salientou que o novo centro non só beneficiará aos comuneiros de Baroña, senón que tamén dará servizo ás comunidades de montes veciñais do Barbanza e a outros pequenos produtores da contorna. A través deste centro, ofreceranse obradoiros formativos sobre a transformación de alimentos, promovendo un espazo de colaboración entre produtores e impulsando a creación de redes entre obradoiros colectivos da zona.

A deputada de Emprego amosou o interese da Deputación da Coruña nesta esta iniciativa, “que busca fortalecer o tecido produtivo local, valorizar os recursos naturais e impulsar a economía rural de maneira sostible” e “encaixa á perfección con outros proxectos similares que estamos desenvolvendo noutros puntos da provincia como Brión e Moeche, dentro da Rede de Coworking provincial”.

Con este proxecto, a comunidade de montes de Baroña reafirma o seu compromiso co medio ambiente e a posta en valor dos produtos de proximidade.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza

A CMVMC de Baroña pon o seu centro de transformación a disposición do Laboratorio Ecosocial do Barbanza para a súa posta en marcha. O proxecto do Laboratorio naceu para facilitar o cambio a un modelo multifuncional dos montes do Barbanza, e para impulsar a transición cara a sustentabilidade ambiental e a resiliencia do territorio ante os lumes forestais que a comarca sofre con frecuencia.

O proxecto conta coa Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Integran o Laboratorio Ecosocial do Barbanza a Fundación RIA (entidade coordinadora), a Plataforma pola Defensa do Monte, a Universidade de Santiago de Compostela (a través do CISPAC e os grupos de investigación Histagra e Uxafores), a Universidade Pablo de Olavide, o Concello de Rianxo e a Fundación Montescola.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.