A Deputación adquire un vehículo para o servizo de Axuda no Fogar de Dodro

12 Setembro 2024

O Concello de Dodro vén de recibir un novo vehículo que se destinará aos Servizos de Axuda no Fogar (SAF). O coche foi adquirido grazas a unha subvención da Deputación da Coruña.

Na recepción do coche participaron o alcalde Xabier Castro Tourís e a deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García Vidal. Ambos os dous destacaron a importancia destas subvencións que resolven unha “das eivas de equipamento do SAF”.

Mar García destacou que “esta nova liña de axudas da Deputación responde a unha das principais demandas que nos trasladan tanto os concellos como as traballadoras no Servizo de Axuda no Fogar, que polo seu traballo realizan unha gran cantidade de desprazamentos. Este problema ten especial incidencia nos municipios rurais, onde hai maior dispersión da poboación, o que obriga ás profesionais do SAF a percorrer unha cantidade considerable de quilómetros diarios, o que ata agora se viña asumindo con vehículos particulares”, explicou.

García destacou “o gran traballo que realizan as profesionais dos servizos de axuda no fogar coidando dos nosos maiores” e afirmou que para a Deputación “é importante coidar tamén ás coidadoras”.

Neste sentido, subliñou que “durante o mandato de Valentín González Formoso a Deputación incrementou de 4 a 9,1 millóns de euros o orzamento co que financia o SAF nos concellos da provincia, o que permite hoxe cofinanciar máis de 400.000 horas anuais de axuda no fogar e incrementar a achega económica da Deputación de 12€/hora a 14 €/hora por este servizo”.

Pola súa banda, o alcalde de Dodro, Xabier Castro, agradeceu a colaboración da Deputación para a adquisición deste vehículo, que facilitará os desprazamentos das traballadoras do SAF municipal.

Ademais de Dodro, outros catorce concellos contan xa ou contarán este ano cun vehículo da Deputación para o SAF: Cabanas, A Baña, Mesía, Coirós, As Pontes, As Somozas, Aranga, Carnota, Irixoa, Mañón, Ortigueira, Outes, Tordoia e Oza-Cesuras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.