A danza protagonizará a actividade cultural de Boiro en setembro

04 Setembro 2024

O Concello de Boiro presentou un variado programa de actividades culturais para o mes de setembro e que ten como protagonistas as actuacións do Mes da Danza. A concelleira de Cultura, María Outeiral, presentou esta mañá a axenda, que inclúe funcións durante todo o mes de setembro. Haberá tres actividades centrais que terán lugar no Pazo de Goiáns. A primeira delas será este domingo día 8 a partir das 19.00 horas coas actuación de Cen Pliés, que vai interpretar A historia interminable e Elahood con Intempestiva.

O sábado 14 serán Xilbarbeira e Minguantes, ademais dunha actuación de Boiro Baila Style, un grupo local de latino, e o sábado 21 actuacións de Aroña e Marcia Vázquez. “Consolidamos ese proxecto que comezou fai tres anos e no que imos sumando actividades, integrando grupos locais con outras compañías convidadas e de estilos diversos”, afirmou María Outeiral.

Ademais, a estas actuacións súmanse outras propostas das entidades e o mes da danza complétase co Encontro Tradicional de San Roque organizado por Abeloura, que terá lugar este venres 6 de setembro en Cespón, e tamén o serán das Angustias que será o 28 de setembro.

Continúan tamén durante o mes de setembro as actividades para público infantil e familiar en distintas localizacións. O xoves ás 19h celebrarase o espectáculo O león azul, para público infantil en Escarabote e o venres ás 19.00 horas en San Roque Rogelio la fête.

No mes de setembro volve o teatro á Casa da Cutura de Boiro con funcións os venres para público adulto e tamén familiar. O venres 6 ás 21.00 horas O que hai que ver de Fulano, Mengano e Citano; o venres 13 ás 21.00 horas Go Home de Etiqueta Negra; e o venres 20 ás 20.00 horas Kyoki de Elefante Elegante.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.