A Creba celebra este sábado o evento Tolemias Hailas: na Porta do Sol de Ribeira ás 12:30h.

06 Setembro 2024

A Asociación de Saúde Mental A Creba e o Concello de Ribeira impulsan o evento solidario Tolemias Hailas, que inclúe unha serie de conta contos e un concerto para este sábado 7 de setembro ás 12:30 h na praza da Porta do Sol.

A iniciativa da asociación ten como obxectivo dar a coñecer o traballo que desenvolven así como o de sensibilizar á veciñanza da problemática crecente que existe neste senso, o da saúde mental.

A Creba tamén busca “reivindicar tamén espazos de lecer na comunidade para todas as persoas, deixando de lado os estigmas relacionados coa saúde mental, poñendo en valor que os problemas relacionados con isto non afectan só a quen ten un diagnóstico psiquiátrico, senón que estas dificultades forman parte da vida de todas as persoas”.

O evento conta coa participación de Xanico e Jota como monologuistas e a colaboración especial de Cándido Pazó, haberán sorteos durante a xornada, venta de artesanía da entidade e poñerá o broche final o grupo The Orphans cunha actuación de versións baseadas no blues, rock e soul.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...