A construción do novo centro de saúde de Porto do Son complementarase coa recuperación da alameda

09 Setembro 2024

A semana pasada o Concello de Porto do Son achegou nova información sobre o proxecto local para construír un novo centro de saúde. Segundo confirmou o alcalde, Luis Oujo, a Consellería de Sanidade xa deu o visto e prace ao predio que o Consistorio achegou como alternativa ao edificio non rematado de vivendas da zona de Outeiro, que non cumpría cos requirimentos de accesibilidade e sustentabilidade recomendados. A nova proposta, que o Goberno local viña valorando dende hai tempo, é unha parcela duns cinco mil metros cadrados situada entre a Casa do Concello e a Casa da Cultura. O rexedor explicou que o seguinte paso é a redacción do proxecto por parte da Consellería, sendo a previsión telo listo nesta recta inicial do outono.

O proxecto tamén inclúe a posta en valor da antiga alameda da vila de Porto do Son, segundo engadiu Oujo, que recoñeceu a probabilidade de que con este nova proposta os procesos para construír o ambulatorio se estenda no tempo, pero o importante é que se parte dun base sólida de viabilidade, sinalou.

O rexedor tamén confirmou que ante a inevitábel tramitación destes procesos e a posíbel demora, o Concello proseguirá coa posta a punto do actual centro de saúde. Neste intre estase a traballar en materia de mantemento para mellorar o illamento e rematar coas filtracións de auga (nas xanelas) e coas pingueiras durante a tempada invernal de chuvias e garantir a máxima sustentabilidade enerxética posíbel.

Estas novidades poñen fin ao proxecto de rehabilitar a estrutura inacabada do Outeiro e convertelo en centro de saúde, logo de que confirmarse que Porto do Son fora un dos 15 concellos galegos beneficiados da concesión dun préstamo da Consellería de Medio Ambiente para a compra e posta en valor de inmóbeis deteriorados (no caso do Son fora unha contía de 300.000 euros).

O rexedor explicou en declaracións recentes que os técnicos do SERGAS víronse obrigados a desbotar este proxecto por cualificalo de “pouco funcional”, comezando polo feito de ser unha estrutura de varias alturas, o que impide, de base, as vantaxes dunha construción baixa para facilitar a accesibilidade, entre outros beneficios.

Polo que respecta á nova parcela, xa conta cun visto e prace previo dos técnicos do SERGAS, que se remonta a 2022.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...