A Comisión de Festas das Angustias organiza este sábado 28 de setembro o I Serán da Ponte, un encontro con grupos locais e tamén doutros puntos da xeografía galega. Será a partir das 19.30 horas no campo da festa de Ponte Beluso.

Durante a tarde haberá sorteos, comida típica e música cos grupos Nunca é Tarde (Boiro), Sete Pontes (Boqueixón), Rianxeiras da Covecha (Pobra do Caramiñal), Os Pequenos do Barbansa (Boiro), Argalleiros da AC
Xacarandaina (Coruña), A Xariza de Parada (Silleda), Arrancadeira (Pobra do Caramiñal), Pandereteiras de Aroña (Boiro), Tres pés pa’ un bando da AM Mediarea (Cangas do Morrazo), Pandereteiras Tahúme (Ribeira), Abeloura (Boiro), Banda de Gaitas Buxaina (Taragoña).
Ao remate das actuacións dos grupos haberá serán en quenda aberta.



