A Casa Mariñeira da Pobra acolle unha exposición da artista Goretti Bello

17 Setembro 2024

O verán chega ao seu remate e con el a derradeira exposición da tempada na Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal. Desta volta, cun cariz máis internacional, se cabe, coa exposición da artista nada en Australia, Goretti Bello Amigo.

Baixo o título Cor e simboloxía, a artista agora afincada en Ribeira, presenta unha colección de óleos e vidreiras nas que xoga coas cores e co impacto da luz sobre os cristais, creando preciosas figuras.

Segundo ela mesma recoñece, a arte do vidro con chumbo é algo que se está perdendo, polo que ela trata de restablecela como arte contemporánea fóra do que se coñece nas igrexas.

Ao longo da súa traxectoria, Goretti Bello expuxo as súas obras de arte contemporánea en vidro en lugares como Venecia, París e diversos espazos culturais de Galicia. Polas súas obras Harlequina e Muller Celta, foi galardoada internacionalmente como nova artista neste formato.

Pode visitarse en horario das 9:00 ás 14:00 de luns a venres.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...