A Asociación A Creba e o Concello de Ribeira impulsan o certame Tolemias Hailas, o 7 de setembro na Porta do Sol

02 Setembro 2024

O segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta xunto con Montse Vila, responsábel da Asociación de Saúde Mental A Creba presentaron o programa do certame solidario Tolemias Hailas, que inclúe unha serie de conta contos e un concerto para o vindeiro sábado 7 de setembro ás 12:30 h na praza da Porta do Sol.

A iniciativa da asociación ten como obxectivo dar a coñecer o traballo que desenvolven así como o de sensibilizar á veciñanza da problemática crecente que existe neste senso, o da saúde mental.

Montse Vila informou das accións que están levando a cabo dende esta asociación que leva 30 anos traballando no eido da saúde mental, creando diferentes programas e dando múltiples servizos ás persoas con problemas de saúde mental, familias e achegados. Vila argumentou que a prevalencia da saúde mental é “maior da que a maioría da poboación coñece” e de feito “considérase que unha de cada catro persoas presenta ou presentará un problema de saúde mental ao longo da súa vida”, sinalou, engadindo que “tamén temos o estigma que atopamos coas doenzas mentais, hai moitos falsos mitos e prexuízos con referencia ao trato que se lle da ás persoas con problemas de saúde mental; polo que nos pareceu moi interesante o de dar a coñecer esta problemática a pé de rúa dunha maneira máis distendida e non tan formal”.

Vila tamén agradeceu ao Concello pola súa constante colaboración, así coma aos artistas convidados e as empresas colaboradoras.

Suárez-Puerta agradeceu todo o esforzo que supuxo sacar adiante estas actuacións, o seu obxectivo de dar a coñecer tanto a asociación, “e como non, o seu traballo que é moi importante para Ribeira, que é un traballo non cuantificábel e que os resultados que teñen cos usuarios son moi bos; e podo dicilo en persoa porque estiven varias veces vendo como traballan e é de agradecer e moi necesario que haxa asociacións como esta” sinalou Francisco.

O concelleiro animou á veciñanza a asistir o sábado 7 a partires das 12.30 h ás actuacións de dous conta contos: Xanico & Jota e a Cándido Pazó; e para finalizar actuará o grupo de blues-rock e soul The Orphans.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.