A ABE agasalla 100 paraugas na campaña Puntazo Volta ao Cole

09 Setembro 2024

Coincidindo coa reactivación da tempada escolar, a patronal boirense (ABE) pon en marcha unha nova edición da campaña de promoción comercial denominada Puntazo Volta ao Cole, co obxectivo de premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados.

O Puntazo ABE é unha iniciativa de dinamización comercial vinculada ao sistema de fidelización por puntos.

En concreto e grazas a esta campaña, a partir do 10 de setembro os clientes que conten con 100 puntos acumulados poden utilizalos para conseguir “un agasallo exclusivo”, en palabras da ABRE “un estupendo paraugas extra grande de 16 varas”.

Para participar os clientes deben subir os seus tíckets ou facturas á web da ABE e acumularán o 10% do importe en puntos ABE para cambiar por este premio especial do puntazo que se pode solicitar a partir do 10 de setembro ata esgotar existencias.

A solicitude realízase dende a propia web da ABE onde tamén se rexistran os puntos e consúltanse os premios.

Recordar que valen tíckets ou facturas de calquera negocio asociado.

Ademais do premio especial do Puntazo Volta ao Cole os puntos pódense trocar por vales de compra ou por calquera outro dos do catálogo.

Na web da ABE está tanto o catálogo como a aplicación para rexistrar os tíckets e o formulario para solicitar o cambio dos premios.

Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.