Un centenar de embarcacións estarán na liña de saída da Regata Gadis en Ribeira

23 Agosto 2024

Juan Caballero.- Tras formalizar as inscricións os clubs náuticos que van tomar parte na XVIII Regata Gadis, que organiza o club náutico de Ribeira (Club Náutico Deportivo Riveira), un centenar de nenos e nenas sairán ás augas da ría de Arousa esta fin de semana, en dúas xornadas de competición con Top á primeira proba o sábado a partir da 14.30 h. e o domingo á 10.30 h.

Fotos de Juan Caballero

A maioría da frota estará representada pola clase Optimist. A vela infantil será unha das principais protagonistas da Regata Gadis, poñendo especial atención aos barcos de escola, con nenas e nenos iniciados durante o transcurso deste verán nas diferentes academias de navegación das entidades galegas, sendo esta a súa estrea en competición.

Os xuvenís navegarán nos ILCA 4 e 6, máis veloces e con maior preparación para as estratexias de regata e forma física, ao ser o Láser un veleiro individual e cunha vela que porta bastante vento.

A praia de Coroso será o escenario elixido polo Comité da Regata Gadis, que preside o xuíz Miguel Cons, onde próximo aos seus areais montarase o campo entre boias, á vista desde o propio club de Ribeira e a mariña deportiva.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.