Titiriberia despide este domingo 18 a súa novena edición

17 Agosto 2024

O Titiriberia: Festival de títeres tradicionais, organizado pola asociación Morreu o Demo co apoio do Concello de Rianxo, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, remata mañá a súa novena edición. Títeres Alakrán e Títeres desde Abajo encargaranse de lle poñer o ramo ao festival.
Títeres Alakrán ofrecerá un novo pase do seu espectáculo A vella do gaiteiro, estreado en coprodución con Titiriberia este ano. Esta montaxe de Títeres Alakrán, especialmente pensada para pasarrúas, emprega unha figura tallada para crear a ilusión dunha señora a portar un gaiteiro nun cesto. A música que interpreta este acompáñase de diálogos cómicos e dramatizacións coa figura a xerar asombro e risos entre o público. Será ás 12.30 horas e o seu percorrido abranguerá dende o Paseo da Ribeira ata a Praza Castelao.
Na praia de Tanxil, ás 13.00 horas, concluirán as funcións deste noveno Titiriberia. Os andaluces de Títeres desde Abajo presentarán Cuentos de la Andariega.  Cargados de contos e vivencias, Juan e Juana percorren alegres os camiños. En cada praza, en cada escola, representan as súas historias verdadeiras. Un homenaxe ao oficio titiriteiro e a aqueles que seducidos polo ideal de liberdade e a vontade artística percorrían as aldeas cos seus carros e furgonetas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...