Severino Fernández Abel presenta este mércores no Son o seu libro sobre a riqueza da tradición oral galega

13 Agosto 2024

A Casa da Cultura de Porto do Son vai dar acollida este mércores 14 de agosto a unha nova presentación literaria. Contarase coa presenza do escritor Severino Fernández Abel, que dará a coñecer o seu libro Tradición oral recuperada das tebras. Son contos… ou historias?, publicado polo lselo Medulia Editorial. A cita dará comezo ás 21.00 horas. Ademais do autor dando a coñecer a súa obra, contarase coa presenza de Xosé Amancio Liñares Giraut e Xosé Manuel Lobato.

Resumo da editora

Os contos e historias arredor da lareira marcaron a infancia do autor e a súa forma de entender o pasado da sociedade que nos rodea. Isto, unido á formación académica e profesional, serán os motivos polos que a partir desa tradición oral, co paso dos anos, se enganchará á querenza pola súa investigación histórica.

Esta obra vén sendo o reflexo dunha afección polo conto popular, pero a narración non pode ficar nunha simple anécdota de repetida reprodución oral ou escrita. Un conto debe ser investigado na súa orixe e iso é o que se intenta neste traballo cun feixe deles, sacados tanto na beira da lareira coma ao longo do camiño persoal e profesional, pendurados na memoria social e agardando unha mirada agarimosa, mais crítica e realista, que dalgunha maneira os devolva ao presente.

Nas 18 historias aquí incluídas mestúrase a sinxela narración de vivencias (propias ou de achegados), a regrada investigación sobre relatos persoais e a narración máis a indagación sobre contos de moi diversa procedencia.

O libro foi presentado o pasado 26 de xullo no Centro de Interpretación do Pico Sacro eo autor estivo arroupado no acto polo alcalde boqueixonés, Ovidio Rodeiro; o secretario xeral da Lingua, Valentín García e o escritor e docente  Amancio Liñares Girault. A obra recopila 18 relatos de diversa procedencia.

Acto de presentación do libro en Boqueixón . Foto O Barbanza

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.