Ribeira convértese este sábado en capital do vinilo e do coleccionismo musical coa nova edición de Xiradiscos

09 Agosto 2024

Este sábado 10 de agosto volve a feira de vinilos de Ribeira, Xiradiscos, e faino novamente con venda de discos, concertos e actividades para a rapazada. Como dixemos hai unhas semanas dende este medio, a gran novidade desta edición é o cambio de emprazamento da feira, que pasa da praza de Vigo á Porta do Sol.

O programa de actividades inclúe un mercadiño de vinilos durante toda a xornada, unha sesión vermú con DJ Nell e concertos pola noite: Tu Futura Ex Mujer (banda de indie-garage de Carballo, embarcada na presentación do seu disco Novos Millonarios) e Candy’s Freckles (representantes do emerxente panorama da música alternativa galega, da man de @radixrecords). Previamente, ás 21.00, contarase coa presenza do mago Henriko O Feiticeiro. A feira rematará con Toño Ferreirós e Nell novamente.

Xiradiscos vén da man do Smart Studio de Nell Martínez e o selo discográfico local Radix Records, co apoio do Concello e dunha manchea de firmas locais patrocinadoras.

Temos máis información en xiradiscos.com.

Tu Futura Ex Mujer

A banda Tu Futura Ex Mujer está formada por 4 amigos de toda a vida (Haime, Manu, Dany e Bryan) onde todos contan cunha ampla experiencia na industria musical. Son un grupo de indie-garage que ofrece un son movido con melodías psicodélicas, con letras tanto tristes como cheas de retranca, soando “nostálxicos pero modernos”, adiantan.

Fundada en Carballo, a banda leva en activo dende o verán de 2020, “cando non se podía baixar a beber aos bares e había que facelo na casa”. Haime, cheo de raiba e frustración que necesita soltar, compra unha tarxeta de son e un micro barato e empeza a gravar as primeiras demos mentres aprende a mesturar.

Publican o primeiro single, Lo intentamos, en 2020. Dende aquelas levan publicados 6 singles e un EP homónimo totalmente gravado e editado con medios precarios por Haime, o vocalista. En novembro de 2022 lanzan o primeiro adianto do seu primeiro álbum, Novos Millonarios, gravado e mesturado por Julián Goikoa (baixista en Mundo Prestigio e Carlangas y Los Cubatas) que sae a principios de 2023.

Candy´s Freckles

Candy’s Freckles son una banda emerxente da música alternativa galega que chega a nós da man do selo ribeirense @radixrecords. Autodenominados como indie psicodélico, ofrecen un son único froito da inspiración de diversos estilos como son o rock, o jazz, a bossa nova, o lounge e incluso math rock, estilos aplicados a unha esencia de banda de rock alternativa dos 90.

Teñen gravados varios singles e EPs (dous deles publicados por Radix Records, Love e The Sound of a Glass of Wine Falling on a Persian Carpet) e en datas vindeiras sacarán o seu álbum debut da man do selo discográfico ribeirense.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.