Novo rescate dun ferido no río Pedras na Pobra do Caramiñal

05 Agosto 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro participaron esta tarde nun operativo dirixido ao rescate dunha persoa no río San Xoán, debido a unha caída nun terreo pedragoso do tramo fluvial, no concello da Pobra do Caramiñal.

Un home foi evacuado a bordo do Pesca-I ao quedar ferido nunha zona de difícil acceso en A Pobra do Caramiñal

Tras ser rescatado, o home foi trasladado ata o Hospital Álvaro Cunqueiro.

O 112 Galicia tivo constancia deste suceso despois do aviso dun particular minutos antes das 15 horas. O alertador indicaba aos xestores que un home esvarara nunhas rochas e caera mentras estaba a realizar a Ruta polas pozas do Río Pedras, na parroquia de Lesón, en A Pobra do Caramiñal. O ferido atopábase consciente, pero sufrira un golpe na cabeza que lle causara unha ferida grande e atopábase mareado.

Con esta información, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ribeira. O aviso tamén se pasou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local así como aos efectivos de Protección Civil.

Os equipos de emerxencia, unha vez chegaron ao punto, informaban que era preciso a mobilización de medios aéreos para o rescate da persoa, xa que a evacuación por terra ía ser difícil polas condicións do terreo, polo que desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero Pesca-I para o punto. Tamén foi notificado Salvamento Marítimo.

Finalmente, unha vez o ferido foi rescatado, realizouse o seu traslado ata o Hospital Álvaro Cunqueiro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...