Rescatados tres tripulantes do pesqueiro “Tamara” o sur de Fisterra

09 Agosto 2024

Salvamento Marítimo rescatou aos tres tripulantes dun pesqueiro que se afundiu a dúas millas ao sur de Cabo Fisterra debido a unha vía de auga.

Salvamento Marítimo

A alerta recibiuse no centro de coordinación de Fisterra pouco antes das 9:00 horas. O aviso foi dado polo barco “Meira da Costa”, que comunicou a situación dunha embarcación en problemas.

Tras recibir o aviso, Salvamento Marítimo púxose en contacto co pesqueiro en dificultades, identificado como “Tamara”, que confirmou estar a enfrontar unha vía de auga e atoparse a dúas millas ao sur de Fisterra.

Inmediatamente mobilizouse ao buque Don Inda e ao helicóptero Helimer 401, ambos equipados con motobomba.

Ás 9:08 horas, a embarcación de recreo Batega logrou rescatar aos tres tripulantes do pesqueiro, informando que unha cuarta parte do barco xa estaba mergullada.

A Salvamar Regulus foi despregada para tentar o remolque, asistida pola auxiliar do buque Don Inda. O pesqueiro afundiuse por completo ao redor das 10:00 horas. Para controlar posibles restos de contaminación, mobilizouse o avión Sasemar 305.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.