O sábado, festividade de San Ramón, intensificarase a entrada de aire frío en altura aumentando así a inestabilidade atmosférica.
O día será de ceo parcialmente nubrado en xeral, con menos nubes nas comarcas do litoral atlántico e con chuvascos tormentosos localmente fortes pola tarde no interior. Temperaturas sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente norte, moderado no litoral.

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do norte, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



