Prosegue a busca dun home desaparecido na contorna de Conxo desde o pasado 5 de agosto

14 Agosto 2024

A asociación SOS Desaparecidos activou a rede de caixeiros automáticos de Euronet ATM para difundir a alerta da desaparición dun home de 46 anos en Santiago, que foi visto por última vez o pasado luns 5 na contorna do barrio de Conxo. 

Trátase de Fernando Fontela Fernández, de 1,76 metros, ollos marróns, pelo rapado e barba negra e cana. Sábese ademais que non levaba consigo a súa medicación. Por iso tanto a familia como as forzas de seguridade piden a colaboración cidadá para lograr calquera tipo de información que poida axudar a dar co seu paradoiro. 

Aínda que a denuncia da desaparición foi posta pola súa familia na Garda Civil de Lestedo, a investigación xa pasou a mans da Policía Nacional de Santiago, ao ser o lugar onde se lle perdeu a pista. Teñen activo un operativo de busca terrestre e aéreo en colaboración coa Policía Autonómica para tentar dar co seu paradoiro.

Calquera que teña algún dato ou información sobre o mesmo pode comunicarse cos teléfonos 649 952 957 ou 644 712 806 vencellados a SOS Desaparecidos ou tamén os números das forzas de seguridade como o 091.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.