Portosín acolle este domingo unha exaltación da sardiña na zona portuaria

09 Agosto 2024

Quen queira gastronomía da boa vai ter esta fin de semana en Porto do Son, onde por unha banda celébrase a nova edición da Feira do Polbo na vila sonense (este sábado 10 de agosto, con andaina conmemorativa en homenaxe a Manuel Deán, música e degustacións) e, pola outra, unha gran sardiñada na vila de Portosín, o domingo 11 de agosto na zona portuaria. O programa de actividades acompañarase dunha exhibición de supercar e diversos coches deportivos (a partir das 10.00 horas) e da degustación de sardiñas propiamente dita, a partir das 13.30 horas, con música ambiente e venda de conservas gourmet da ría. Organiza Sotavento coa colaboración da Marca Azul de Portosín e do Concello de Porto do Son.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.