A Feira do Polbo de Porto Son inclúe (este sábado 10) degustacións, concertos e unha andaina en homenaxe a Manuel Deán

07 Agosto 2024

Este sábado 10 de agosto vaise celebrar unha das grandes citas gastronómicas, festeiras e culturais da nosa comarca e de Galicia: a Feira do Polbo de Porto do Son, que chega á súa XXX edición e que inclúe, amais da exaltación gastronómica en si mesma, concertos, degustacións e, previamente, unha saída deportiva polo concello (pola costa e pola serra) en homenaxe ao concelleiro sonense recentemente falecido: Manuel Deán.

A Andaina do Polbo

O Concello de Porto vai organizar o vindeiro 10 de agosto unha camiñada moi especial polo territorio sonense e a serra do Barbanza: a Andaina do Polbo. Será “especial” por varios motivos: pola beleza das paisaxes polas que se adentra o itinerario e por ser en si mesma unha lembranza a Manuel Deán, concelleiro tristemente falecido este mesmo ano (o pasado mes de xuño, tal e como fixemos saber dende este medio). A andaina vén con 21 quilómetros de trazado con dificultade moi alta. A saída está fixada na fachada marítima ás 8.00 horas do día 10. As prazas, limitadas, están xa todas ocupadas, segundo confirmou o Concello de Porto do Son.

Concertos e degustacións

A música comezará ás 13.00 horas con Canlebó de Camboño, ás 13.00 horas, na fachada marítima de Porto Son. Esta sesión vermú dará paso á degustación da Feira do Polbo, na carba da feira, contándose coa presenza da Pulpería Veloso.

A música proseguirá pola noite ás 21.30 horas con Pepe Piña & Los Robinson, na fachada marítima de Porto do Son (actuación encadrada na Rede Cultural da Deputación da Coruña). A festa rematará ás 23.00 horas coa actuación, no porto sonense, de DJ Gaspi, que porá fin ás actividades da XXX Exaltación do Polbo de Porto do Son.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.